0fCOMO RECIBIR AXUDA07

Se non pode instala-lo sistema, ¡non se preocupe! ¡O equipo de Debian está
listo para axudalo! Estamos especialmente interesados en coñece-los problemas
coa instalación, porque adoitan telos máis de 0funha07 persoa. Se cadra xa temos
oido falar dese problema e podemos arranxalo rapidamente, ou nos gostaría
oir falar dese e traballar nel con vostede, e o seguinte usuario que teña o
mesmo problema se ha beneficiar da súa experiencia.

Se atopa un problema ha caer nunha destas dúas áreas: a instalación do
sistema base, que remata cando comeza a selecciona-los paquetes a instalar;
ou a instalación de paquetes da distribución Debian.

Os problemas coa instalación do sistema base deberíanse remitir ao Equipo de
Inicio de Debian en 0fdebian-boot@lists.debian.org07. Os problemas coa instalación
dos paquetes deberíanse dirixir a 0fdebian-user@lists.debian.org07. En calquera
caso, a mensaxe debería conter unha explicación detallada do problema,
incluíndo o texto das mensaxes de erro que crea relevantes no problema.
Prema a tecla de función <09F907> para obter información máis detallada sobre
estas e outras listas de correo de Debian.

Prema <09ENTER07> ou teclee o método de inicio, argumentos e <09ENTER07> para
arrincar. Prema a tecla de función <09F107> para o índice da axuda.