Pode armacenar calquera núcleo de Linux comprimido neste disco, e debería
arrincar. Para facelo:
    Configure o núcleo coas seguintes características: initrd, ramdisk,
        loop, msdos, fat, elf, ext2fs, procfs.
    Faga o núcleo con "make bzImage".
    Cópieo a "linux" no disco de inicio.
    Cambie de directorio ao disco de inicio e execute ./rdev.sh para
        configura-lo núcleo.
    Opcionalmente, edite syslinux.cfg para engadir argumentos á liña "DEFAULT"
        ou engada unha liña "APPEND" con argumentos que se han engadir a
        calquera comando tecleado polo usuario, e tamén ás opcións por defecto.

Documentación para ler:
    /usr/doc/syslinux/syslinux.doc.gz
    "man rdev"
    /usr/src/linux/Documentation/ramdisk.txt

Código fonte:
    Os scripts que crean este disco e os outros discos de inicio de Debian
    instálanse en /usr/src/boot-floppies/ gracias ao paquete boot-floppies.

- Bruce Perens, 12-Marzo-1996
- Jacobo Tarrío, 10-Abril-2001